Os Xogos Mediterráneos de Taranto 2026, nas modalidades de Skateboarding Street e Maratón de Patinaxe de Velocidade, celebraranse do 28 de agosto ao 2 de setembro en Italia.
O 28 de agosto disputarase a proba de maratón, na que competirá Manu Taibo formando parte da selección española de Patinaxe de Velocidade.
Pola súa banda, o 2 de setembro terá lugar a competición de Street, para a que foi convocado Luis Cabarcos coa selección española de Skateboarding.
Dende a FGP queremos dalles os parabéns pola convocatoria e desexarlles moita sorte nesta competición.


