Os Xogos Mediterráneos de Taranto 2026 celebráronse do 28 de agosto ao 2 de setembro en Italia.
Luis Cabarcos conseguiu o bronce na modalidade de street, convertíndose no primeiro español en subir ao podio mediterráneo de skateboarding, quedando a 1.60 puntos da prata.
Luis chegou á final tras conseguir a terceira mellor puntuación na fase clasificatoria. Na final, acadou 76.30 puntos na súa mellor ronda, cun mellor truco de 81.38, o que fixo que alzanzase un total de 157.68 puntos en total, a tan so 1.60 puntos do segundo posto.
Dende a FGP queremos darlle os parabéns por este gran logro na súa carreira.

