Esta fin de semana celebrouse a final do World Rookie Tour en Velenje, Eslovenia, campionato mundial no que se enfrontan os mellores skaters mozos, divididos nas categorías de Grom e Rookie.
Luis Cabarcos, do Northside, clasificouse para esta final mundial como gañador da proba española, quedando finalmente terceiro na categoría Grom e cuarto na clasificación xeral.
Desde a FGP queremos darlle os parabéns polo seu gran traballo e resultados.