A pasada fin de semana, Luis Cabarcos Mendez, do Club Northside Skatepark Coruña, participou nunha das Probas da Liga Portuguesa de Skate, acadando o Primeiro Posto na Categoría Sub 15 e un Quinto Posto na Open, continuando así a súa preparación de cara á Proba Final do Campeonato de España de Street que se celebrará a finais do ano.
Por outra banda, na Categoría Open Femenina, Lucía Couñago Queijeiro, do mesmo club, se alzouse coa séptima posición, resultado obtido tras superar unha rotura de ligamentos que a mantivo lonxe dos skateparks durante 2 meses.



