As Sedes das Ligas Sénior Masculina e Infantil de hóckey liña desta fin de semana terán lugar en Lugo, no Pavillón Daniel Cordido Castro, organizadas polo C. Lóstregos Lucus.
A Liga Sénior Masculina celebrarase o sábado 31 de xaneiro en xornada de mañá e de tarde, na que se enfrontarán os clubs ADC Alquimia Inline, Ártabros del Norte HC, Ártabros del Oeste HC, CPL Brigantium, CHLS Guardians, Másters HL, Morcegos HL e o anfitrión, Lóstregos.
Pola súa banda, a Sede Infantil será o domingo 1 de febreiro en xornada de mañá e de tarde, na que se enfrontarán os clubs ADC Alquimia Inline, Ártabros HL, CPL Brigantium, CH Isla Pancha, CHL Meigas, Morcegos HL, Raposos e o anfitrión, Lóstregos.


