Julia Benedetti, rider do Maroña Indoor, foi premiada coa prata na primeira edición do Galardón Princesa de Girona a los valores de jóvenes deportistas na categoría feminina.
A gala celebrouse o pasado 10 de decembro no Auditorio Josep Irla de Girona e contou coa presenza de Salvador Illa, presidente da Generalitat de Catalunya; Carlos Prieto, delegado do Goberno en Catalunya; Berni Álvarez, conselleiro de deportes da Generalitat; Francisco Belil, presidente da Fundación Princesa de Girona; e Salvador Tasqué, director xeral da Fundación, entre outras autoridades.
Na categoría feminina, o ouro foi para Inés Bergua (ximnasia rítmica), a prata para Julia Benedetti e o bronce para Iziar Martínez (escalada).
Desde a FGP queremos dar os parabéns a Julia por este importante recoñecemento.





