Julia Benedetti acadou o quinto posto cunha ronda de 77.96 nos cuartos de final do World Skateboarding Tour de Dubai, clasificándose así para as semifinais, que terán lugar mañá.
Esta competición é clasificatoria para as Olimpiadas de Paris 2024.
Desde a FGP queremos darlle a noraboa a Julia polo seu gran traballo e resultado.
Foto e video de Kini González.


