Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, proclamouse onte Campión de Europa de Solo Danza en categoría júnior masculina, ao acadar a puntuación total de 154.44 no Campionato Europeo celebrado en Trieste.
Cabe destacar que Joel, tanto no seu programa de Style Dance, como no de Freedance, obtivo o primeiro posto cunha diferenza de máis de dez puntos.
Pola súa banda, Marta e Adrián Blanco (CPA Maxia) conseguiron o bronce na modalidade de parellas en categoría júnior e Iago Vázquez (CD Fervello) acadou o 6º posto na modalidade de Solo Danza cadete.
Desde a FGP queremos darlles os parabéns polo seu gran traballo, esforzo e magníficos resultados.