A árbitro galega Isabel Rodríguez Sancosmed foi designada para arbitrar a Women European League que se disputará en Madrid durante os días 5, 6 e 7 de maio.
Nesta edición da Women European League participarán os equipos españóis Tucans, Panteras e Tres Cantos ademais do italiano Civitavecchia e o francés Saint – Medard e estará organizada polo equipo anfitrión e vixente Campión Tres Cantos.
			
						
						
		 
						 
						 
						 
						 
						 
			 
			 
			 
			 
			 
	 
	 
	
 
	 
					
