O Campionato de Europa de Grupos Show e Cuartetos celébrase do 30 de abril ao 2 de maio en Conegliano, Italia, coa participación do CPA Condado en Grupos Show Grandes e do CPA Gondomar en Grupos Show Júnior.
O horario da competición é o seguinte:
Xoves 30 de abril:
8:30 h Apertura de portas
9:00 h Adestramento Grupos Show Júnior
17:05 h Competición Grupos Show Júnior
19:15 h Descanso
19:30 h Cerimonia de apertura
22:00 h Entrega de trofeos
Sábado 2 de maio:
7:00 h Apertura de portas
7:30 h Adestramentos Grupos Show Grandes
20:20 h Competición Grupos Show Grandes
22:05 h Entrega de trofeos
22:35 h Cerimonia de clausura
Dende a Federación Galega de Patinaxe queremos desexarlles moita sorte no Campionato.

