PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
cartel_hoquei

Dic 17

Horarios dos nosos equipos galegos no Torneo de Natal de Aveiro

 

Os dous combinados galegos, sub 15 en categoría masculina e sub 17 en femenina, que disputarán o Torneo Internacional de Natal Azemad os vindeiros 21 e 22 de decembro na localidade de Sao Pedro do Sul e organizado polo AP Aveiro xa coñecen os seus horarios. Unha competición na que tamén participarán as asociacións de patinaxe de Aveiro, Minho e Porto.

 

O sábado 21 o equipo masculino galego medirase ás 13 horas o AP Minho e pola tarde dobre cita: ás 18.30 horas o equipo feminino xogará ante o AP Porto e o masculino ás 21.45 batirase perante o AP Aveiro, O domingo 22, segundo día de competición, ás 09.30 horas o conxunto masculino enfrontarase o AP Porto e o feminino o AP  Aveiro ás 11 horas.

 

O sistema de competición será de «todos contra todos» a unha soa volta. Os partidos na categoría masculina constarán de duas partes, cunha duración de 20 minutos cada unha e intervalo de dez minutos de lecer entre ambas. No caso da feminina serán de tres partes, de 16 minutos cada unha, con intervalos de cinco minutos entre cada unha delas. Como particularidade, as patinadoras empregadas na primera parte non poderán competir na segunda, salvo no caso de lesión. Na terceira, os adestradores terán total liberdade para alinear a quen consideren.

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL