As finais da Copa Galicia de hóckey a patíns, nas categorías feminina e masculina, celebráronse o pasado luns, 12 de outubro, nun abarrotado Polideportivo Carballo Calero, en Carballo.
A xornada daba comezo coa final feminina, co enfrontamento entre o Unikal HC Raxoi e o Marineda Hockey. Tras rematar o tempo regulamentario cun empate 0 a 0, o partido foi a prórroga, seguido da quenda de penaltis, na que o Unikal HC Raxoi se proclamou campión.
A continuación, disputouse a final masculina, entre o CDM Hockey patines OK Plata e o Calvo Escola Lubiáns. O encontro rematou cun 2 – 8, facéndose coa vitoria o Calvo Escola Lubiáns.
Na entrega da Copa estiveron presentes Daniel Pérez López, alcalde de Carballo; María Jesús Vázquez, Presidenta da Comisión Xestora da FGP e Jorge Varela, membro da Comisión Xestora da FGP.
Fotos cedidas por Ferreiro e fotoschimpi.







