Esta fin de semana celebrouse no Pavillón de Monte Alto a F4 Sénior Masculina de hóckey a patíns, na que o HC Raxoi se proclamou Campión ao derrotar na final ao Deportivo Liceo por 5 – 4.
Na loita polo 3° e 4° posto, o AC Ordes fixo o propio ante o Dominicos, quedando 7 – 5.
Campión: HC Raxoi
Subcampión: Deportivo Liceo
3° clasificado: AC Ordes
4° clasificado: Dominicos.