A pasada fin de semana celebráronse as finais dos Campionato Galego de hóckey a patíns en categoría Júnior e Infantil.
Na categoría Júnior, celebrada no Pavillón de Monte Alto, en A Coruña, o HC Liceo proclamouse campión galego ao derrotar na final ao CH Oleiros A.
Pola súa banda, na categoría Infantil, celebrada no Pavillón Castelao I, en Ordes, foi o Compañía de María Azul o que quedou no primeiro posto tras vencer na final ao Dominicos A.
Clasificación categoría Júnior:
Campión: HC Liceo
Subcampión: CH Oleiros A
3º posto: Compañía de María Azul
4º posto: AC Ordes
Á entrega de medallas e trofeos acudiu a presidenta da FGP, María Jesús Vázquez.
Os catro equipos participarán na Fase de Sector, que se celebrará en Mieres, Asturias, os vindeiros 8, 9 e 10 de maio.
Fotos da F4 Júnior cedidas por José Blanco.
Clasificación categoría Infantil:
Campión: Compañía de María Azul
Subcampión: Dominicos A
3º posto: CH Oleiros A
4º posto: HC Liceo A
Á entrega de medallas e trofeos acudiron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a presidenta do CP Zendal, Salomé Barallobre Martelo.
Os catro equipos participarán na Fase de Sector, que se celebrará en A Coruña, os vindeiros 8, 9 e 10 de maio.
Fotos da F4 Infantil cedidas por Javier Varela.











