PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 11

HC Liceo e HC Raxoi “A”, campións galegos das categorías Xuvenil e Alevín de Hóckey sobre Patíns

Vibrante fin de semana o que se viviu de novo no pavillón de Monte Alto da Coruña co desenlace das Finais a 4 das categorías Xuvenil e Alevín de Hóckey sobre Patíns, chegando en ambas as dúas á derradeira xornada, disputada hoxe pola tarde, con todo por decidir, tanto os tres postos para as respectivas fases de sector como o campión galego.

Na Xuvenil era o Club AA Dominicos o primeiro en acadar o seu obxectivo ao derrotar a CH Compostela “A”, polo que os composteláns quedaban fóra da Fase de Sector Norte que se disputará no Principado de Asturias en dúas semanas, do 21 ao 23 de abril. Seguidamente, Club Compañía de María “A” e HC Liceo dirimían quen ía ser campión galego, xa cos dous clasificados para o Sector. Nun encontro moi disputado a pesar do avultado marcador final, os liceístas foron finalmente superiores a pesar de que Compañía chegaba como favorito despois dunha espectacular liga regular, onde non perderan ningún partido dos 18 disputados, sendo precisamente a desta tarde ante o HC Liceo a súa primeira derrota de toda a tempada.

Xuvenil_HCLiceo

No que atinxe á categoría Alevín, o HC Liceo “A” lograba a vitoria ante o AC Órdenes e con elo o seu pase para a Fase de Sector Norte, que será tamén do 21 ao 23 de abril en Monte Alto. No derradeiro enfrontamento, os conxuntos composteláns de CH Compostela “A”, líder da liga regular cunha soa derrota, e HC Raxoi “A” decidían o título autonómico. Aquí tamén se rompeu o pronóstico, pois logo do dominio inicial do Compostela, os do Raxoi conseguían remontar un marcador adverso para impoñerse e lograr o título de campións galegos.

 

RESULTADOS FINAL A 4 – XUVENIL (A Coruña, Monte Alto)

Sábado, 8 de abril de 2017

Xornada 1

Club Compañía de María “A” 5 – 2 CH Compostela “A”

HC Liceo 2 – 1 Club AA Dominicos

Domingo, 9 de abril de 2017

Xornada 2

Club Compañía de María “A” 5 – 2 Club AA Dominicos

HC Liceo 3 – 1 CH Compostela “A”

Xornada 3

Club AA Dominicos 5 – 1 CH Compostela “A”

Club Compañía de María “A” 1 – 7 HC Liceo

 

RESULTADOS FINAL A 4 – ALEVÍN (A Coruña, Monte Alto)

Sábado, 8 de abril de 2017

Xornada 1

CH Compostela “A” 1 – 1 HC Liceo “A”

HC Raxoi “A” 5 – 6 AC Órdenes

Domingo, 9 de abril de 2017

Xornada 2

CH Compostela “A” 7 – 3 AC Órdenes

HC Raxoi “A” 4 – 1 HC Liceo “A”

Xornada 3

AC Órdenes 2 – 3 HC Liceo “A”

CH Compostela “A” 2 – 3 HC Raxoi “A”

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL

slot gacor
wangi4d
IndoSGA
situs slot gacor
Wangi4D
Sbobet
Sbobet88
Situs Slot Gacor
IndoSGA
slot88
Slot88
Slot Gacor Malam Ini
Slot Gacor Maxwin
Pay4D
link slot gacor
IndoSGA
Situs Slot Gacor
Slot Gacor
Slot Thailand
JanjiQQ
DuetQQ
BakatPoker
IDNpoker
Dewapoker
Kuda55
Tiket777
Situs Slot Gacor
Link Slot Gacor
Slot Online
Situs Slot Online
Wangi4D
situs slot gacor
slot gacor
IndoSGA
Slot88
Slot Gacor
slot maxwin
indosga
slot777
slot thailand
indosga
slot88
slot gacor
link slot gacor
indosga
slot gacor
slot88
indosga
sbobet88