A pasada fin de semana celebráronse as finais dos Campionato Galego de hóckey a patíns en categoría Alevín e Xuvenil.
Na categoría Alevín, organizada polo Escola Lubiáns en Carballo, o HC Liceo A proclamouse campión galego ao derrotar na final ao Dominicos A. Pola súa banda, na categoría Xuvenil, organizada polo HC Ponteareas en Ponteareas, foi o CH Oleiros A o que gañou o primeiro posto ao vencer o Dominicos A.
Categoría Alevín:
Campión: HC liceo A
Subcampión: Dominicos A
3º posto: Energimac Escola Lubiáns
4º posto: Compañía de María Azul
Os catro equipos participarán na Fase de Sector, que se celebrará en Carballo, A Coruña, os vindeiros 1, 2 e 3 de maio.
Fotos da F4 Alevín cedidas por Fotos Chimpi
Categoria Xuvenil:
Campión: CH Oleiros A
Subcampión: Dominicos A
3º posto: Compañía de María Amarillo
4º posto: AC Ordes
Os catro equipos participarán na Fase de Sector, que se celebrará en Oviedo, os vindeiros 1, 2 e 3 de maio.










