PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Fundación Deporte Galego

Ene 29

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego

 

1. Toda a Comunidade Autónoma.

 

1. Como practicar actividad física ou deportiva

– So poderá realizarse ao aire libre de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Non se considera práctica individual a actividade física ou deportiva de 1×1 entre non conviventes.

– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio. – Está permitida a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva, en todas as súas modalidades, sempre que se realice con carácter individual ou con persoas conviventes.

 

 

2. Obriga do uso da máscara.

 

– O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

 

3. Lugares para a práctica

– Práctica en instalacións e centros deportivos. o Non se permite. Adoptase a medida de peche temporal de:

 Espectáculos deportivos.

 Actividades deportivas.

 Establecementos de espectáculos deportivos.

 Establecementos para actividades deportivas:

 Estadios deportivos.

 Pavillóns deportivos.

 Recintos deportivos.

 Pistas de patinaxe.

 Ximnasios.

 Piscinas de competición.

 Piscinas recreativas de uso colectivo.

 

 

 

– Práctica noutros espazos.

 

o Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

 

o Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

 

O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.3 do Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, na súa redacción vixente.

 

o Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

 

o Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

 

4. Centros náuticos.

 

– Poderá accederse aos centros náuticos únicamente para a recollida e depósito das embarcacións, para a práctica ao aire libre.

 

5. Competición.

 

Suspendida a competición de ámbito autonómico.

 

6. Excepcións ás restricións de mobilidade e de horario nocturno. – Sen excepcións.

 

 

 

II. PRÁCTICA DO DEPORTE FEDERADO DE ÁMBITO ESTATAL

 

1. Protocolos aplicables.

 

– As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

 

– O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.

 

– Modalidades deportivas que impliquen contacto:

o Equipos/deportistas galegos:  Realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais. o Equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia:

 

 Realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

 

 Comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido: https://desprazamentosdeportivos.xunta.gal/portada

 

 No caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace: https://www.sergas.es/Saude-publica/benvidaviaxeirxs?idioma=es

 

 

2. Excepcións ás restricións de mobilidade e de horario nocturno.

 

En relación coas limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais previstas no punto primeiro, un do Decreto 5/2021, do 19 de xaneiro, e coa limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno do punto cinco do Decreto 3/2021, do 13 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2:

 

a. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se realicen en cumprimento de obrigas laborais e profesionais, conforme o disposto na letra b) do número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de decembro, e na letra d) do número 1 do artigo 5 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro. b. Serán de aplicación a excepción a tales limitacións de mobilidade e de horario nocturno, aos desprazamentos relacionados co deporte federado de ámbito Estatal cando se cumpran todas as seguintes condicións:

 

1ª) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición de ámbito estatal incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva Española e/ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición. No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.

 

 

2ª) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes. 3ª) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

 

 

1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións de ámbito estatal cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

2) As persoas técnicas ou adestradoras das persoas deportistas incluídas no apartado anterior.

3) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

4ª) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:

1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva Española.

2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.

3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.

4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes. No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas.

 

As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

 

3. Instalacións Deportivas.

Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito estatal, profesional ou non profesional, cuxos vestiarios e zonas de ducha poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, procedéndose á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

 

4. Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Estatal que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública. – Non se permite. I

 

II. OUTROS SUPOSTOS.

 

Calquera outra cuestión respecto á práctica de actividade física e deporte non contemplada nesta guía, trasladaráselle á Secretaría Xeral para o Deporte a efectos do seu estudo e a súa concreta interpretación.

 

20210127_GUIìA_SIMPLIFICADA_DXT

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL