PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Fundación Deporte Galego

Feb 27

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego

I. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA.

I.1. Concellos en Nivel I.

 

 

1. Como practicar actividade física ou deportiva.

– So poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara. Non se considera práctica individual a actividade física ou deportiva de 1×1 entre non conviventes.

– Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio. – Está permitida a actividade cinexética, así como a práctica da pesca fluvial e marítima, deportiva e recreativa, en todas as súas modalidades, sempre que se realicen con carácter individual ou con persoas conviventes.

 

2. Obriga do uso da máscara.

 

O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva individual ao aire libre.

 

3. Lugares para a práctica

– Práctica en instalacións e centros deportivos.

Permítese a práctica da actividade física e deportiva non federada, de forma individual, en instalacións deportivas ao aire libre.

 

– Práctica noutros espazos. o Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público.

 

o Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

 

o Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

 

o Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

 

 

4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno. – En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.

 

 

 

 

I.2. Concellos en Nivel 2 e Nivel 3.

 

1. Como practicar actividade física ou deportiva.

 

– Poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas. A práctica desenvolverase sen contacto, de forma individual ou en grupos de ata 4 persoas, sen contar ao monitor, e coa utilización de máscara.

 

 

– Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros durante o desenvolvemento da actividade. – Se fora preciso, as persoas con discapacidade poderán realizar a práctica con guía ou cunha persoa de apoio.

 

 

2. Obriga do uso da máscara.

 

– O uso de máscara será exixible en todo momento durante a realización da práctica deportiva.

 

 

 

3. Lugares para a práctica.

 

– Práctica en instalacións e centros deportivos. o Permítese a práctica da actividade física e deportiva non federada, en instalacións deportivas cun límite de ocupación máxima do 30%.

 

 

o Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 30 %.

 

o Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo.

 

No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior. o Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

 

 

4. Restricións de mobilidade e de horario nocturno. – En todo momento deberán de respetarse ás limitacións perimetrais e de horario nocturno establecidos.

 

 

II. PRÁCTICA DO DEPORTE FEDERADO.

 

1. Deporte Federado de nivel nacional.

o Protocolo aplicables

 

– As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

 

o O Protocolo de referencia será o Protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional, aprobado polo Consejo Superior de Deportes, así como no seu caso o Protocolo reforzado que aprobe cada unha das Federacións Deportivas Españolas.

 

o Modalidades deportivas que impliquen contacto:

 Equipos/deportistas galegos:  Realizar test serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

 Equipos/deportistas procedentes doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia:  Realizar test serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.  Comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, segundo o formulario establecido

 No caso de desprazarse desde zonas de alta incidencia de COVID19 deberán ter en conta o sinalado no seguinte enlace.

 

b. Restricións de mobilidade e de horario nocturno. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado, conforme o disposto na letra n) do número 4 do apartado primeiro e na letra h) do apartado cuarto do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, e nos artigos 5, d), h) e 6, b), k) do Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro (deportistas, delegados/as, árbitros/as, técnicos/as ou adestradores/as, outro persoal autorizado).

 

2. Deporte Federado de ámbito autonómico.

 

a. Protocolos aplicables. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

b. Restricións de mobilidade e de horario nocturno. Quedan exceptuados de tales limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, para adestramentos ou competicións de ámbito federado, conforme o disposto na letra n) do número 4 do apartado primeiro e na letra h) do apartado cuarto do Decreto 31/2021, do 25 de febreiro.

 

Considéranse adecuadamente xustificados os seguintes:

1ª) Que o desprazamento estea xustificado pola realización dun adestramento vinculado á participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva ou pola participación nunha competición deste tipo. A estes efectos, como norma xeral, para esta excepción establécese un período previo de 4 semanas á celebración da competición. No caso de que a federación galega correspondente estime que este prazo é insuficiente para que o equipo/deportista prepare esa competición, deberá solicitar a súa autorización á Secretaría Xeral para o Deporte.

2ª) Que non existan alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes.

3ª) Que o desprazamento se realice por algunha ou algunhas das seguintes persoas:

1) Por persoas deportistas federadas participantes en competicións oficiais cun calendario aprobado para a tempada 2020/2021.

2) No caso de acreditarse a súa necesidade, sparrings das persoas deportistas federadas de alto nivel, de alto rendemento deportivo ou incluídas en programas de tecnificación e rendemento deportivo, recoñecidas polo Consejo Superior de Deportes ou pola Secretaría Xeral para o Deporte ou órgano autonómico competente da Administración autonómica.

3) Outro persoal autorizado (delegados/as, árbitros/as, técnicos/as ou adestradores/as, etc.).

 

4ª) Que a persoa que se desprace porte, durante o desprazamento, un certificado, segundo o modelo adxunto, da correspondente federación ou club deportivo federado co seguinte contido mínimo:

1) Identificación da persoa que se despraza e da súa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva.

2) Lugar do adestramento xustificando a súa vinculación coa participación nunha competición incluída no calendario oficial da correspondente federación deportiva e/ou lugar da competición.

3) Data e horario de realización do adestramento e/ou da celebración da competición.

4) Xustificación da non existencia de alternativas de realización do adestramento e/ou da celebración da competición nun ámbito territorial que non exixa un desprazamento afectado polas limitacións á liberdade de circulación vixentes. No caso de certificacións emitidas polos clubs, estes deberán comunicar á Federación respectiva un listado dos mesmos, a efectos do seguimento e verificación por parte destas. As Federacións Deportivas Galegas remitirán semanalmente á Secretaría Xeral para o Deporte a información sobre os certificados emitidos, coa relación nominal dos deportistas e outros axentes autorizados.

 

3.Instalacións deportivas.

 

 Poderán permanecer abertas as instalacións deportivas nas que se celebren adestramentos ou competicións de ámbito federado.

 Vestiarios e zonas de ducha: poderán ser usados cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada. 4.Asistencia de público a eventos, adestramentos e competicións deportivas de ámbito Federado que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública.

 Concellos Nivel 1 Non se permite.  Concellos Nivel 2 e Nivel 3.  30% da capacidade permitida

 Público sentado e garantindo a distancia de 1,5 metros nas catro direccións.

 Máximo: o 250 persoas en instalacións pechadas o 500 persoas en instalacións ao aire libre

 

III. OUTROS SUPOSTOS. Calquera outra cuestión respecto á práctica de actividade física e deporte non contemplada nesta guía, trasladaráselle á Secretaría Xeral para o Deporte a efectos do seu estudo e a súa concreta interpretación.

 

IV. ENTRADA EN VIGOR As medidas previstas terán efectos desde as 00.00 horas do día 26 de febreiro de 2021.

 

25_02_2021_GUIìA_SIMPLIFICADA_DXT-1

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL