PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
_IMG_2551

Ene 20

Galicia acollerá este ano catro Campionatos de España de diversas modalidades da Patinaxe

Xa se van coñecendo as datas por parte da Real Federación Española de Patinaxe dos diferentes Campionatos de España, que terán unha ampla presenza na nosa comunidade autónoma neste recentemente iniciado ano 2017, albergando así varios deles de diversas modalidades das que forman a patinaxe, algunha mesmo de recente creación como é o Roller Derby, aínda que neste caso non están decididas nin a data nin a sede, pero xa se confirmou que a segunda edición do Campionato de España se disputará en Galicia, tras celebrarse en 2016 a primeira en Madrid.

Dos que si teñen data asignada, o primeiro deles será o Campionato de España Junior de Hóckey sobre Patíns na Coruña do 5 ao 7 de maio. Posteriormente chegará o Campionato de España de Patinaxe de Velocidade en Circuíto, xa o fin de semana do 27 e 28 de maio na localidade de Betanzos, tamén na provincia da Coruña, para as categorías Junior e Senior. A última data confirmada ata o momento é para o Campionato de España de Alevín e Infantil de Patinaxe Artística, que será a derradeira competición oficial desta modalidade do 12 ao 14 de outubro na Coruña.

Calendario Nacional de Patinaxe Artística

Calendario Nacional e Internacional de Patinaxe de Velocidade

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL