O primeiro Campionato Interautonómico de España na modalidade de Street terá lugar o vindeiro 12 de xullo no Skatepark Ponte dos Brozos, en Arteixo.
Este evento, pioneiro a nivel nacional, reunirá ás seleccións autonómicas máis destacadas do país, consolidando un formato competitivo que busca fortalecer a presenza do skateboarding no ámbito federado e promocionar o talento de cada comunidade. Estarán presentes representantes de Madrid, Cataluña, País Vasco, Asturias, Cantabria, Comunidade Valenciana e Galicia, entre outras rexións.
Tras o éxito do Campionato Interautonómico de Park celebrado en Leioa (País Vasco) o pasado mes de maio, esta nova cita supón un paso máis no desenvolvemento estruturado do skate en España, dando protagonismo á modalidade Street, unha disciplina clave en competicións internacionais e olímpicas.
O evento contará coa presenza dos mellores riders do panorama nacional e será unha xornada festiva e de alto nivel deportivo, onde se porá de manifesto o crecemento de esta modalidade no marco do traballo federativo.