A Federación Galega de Patinaxe convoca unha acción formativa dirixida a aquelas persoas interesadas en formarse como xuíces autonómicos de Patinaxe Freestyle (Inline Freestyle, Roller Freestyle e Skate Cross) para a templada 2026, así como á actualización de todas aquelas que xa exerceron como xuíces con anterioridade.
A formación terá lugar os días 20 de xaneiro e 14 de febreiro, de forma online. O día 21 de febreiro celebraranse a parte presencial e o exame nas instalacións da FGP, en horario de 10:30 a 15:30 h e de 17:30 a 20:30 h. Así mesmo, no Frontón de Riazor terán lugar as probas de nivel de Inline Freestyle.
Por último, o 28 de febreiro desenvolverase a parte práctica durante a competición da Etapa I da Liga Galega de Freestyle, en Ourense.
Para acceder a toda a información, pódese consultar o seguinte documento:
CGF_2026_Convocatoria_Formacion_Xuices
As persoas interesadas deberán realizar unha preinscrición online a través da seguinte ligazón antes do 19 de xaneiro ás 19:00 h:
