O pasado 6 de xuño tivo lugar a derradeira xornada da liga Minihockey nun abarrotado Pavillón de Monte Alto, en A Coruña, organizada pola Federación Galega de Patinaxe.
Este ano celebrouse a primeira edición desta liga, que contou con nove sedes: a primeira no Pavillón de Monte Alto, organizada pola FGP; a segunda no Polideportivo Os Campóns, en Cambre, organizada polo HC Cambre; a terceira no Colexio Compañía de María, en A Coruña, organizada polo Compañía de María; a cuarta no Pavillón Castelao 1, en Ordes, organizada polo CP Zendal; a quinta no Pavillón Municipal A Rabadeira, en Oleiros, organizada polo CH Oleiros; a sexta no Pavillón de Vite, en Santiago, organizada polo CH Compostela; a sétima no Colexio Compañía de María, en A Coruña, organizada polo Compañía de María; a oitava no Pavillón Castelao 1, en Ordes, organizada polo AC Ordes; e a novena no Pavillón de Monte Alto, en A Coruña, organizada pola FGP.
Os equipos que participaron na liga foron os seguintes:
AC Ordes Pillos, AC Ordes Trastes, Compañía de María Azul, Compañía de María Amarillo, CH Compostela Granate, CH Compostela Celeste, CH Oleiros, CP Zendal Ordes, DP Berenguela Axiltec, HC Borbolla, Embarba HC Cambre, HC Riazor Minihockey, Placasa Escola Lubiáns e Santa María del Mar.
Nesta última xornada, ao finalizar todos os partidos, cada xogador e xogadora recibiu unha medalla, entregada por Ivonne Copoví, árbitra nacional; David García, presidente do Escola Lubiáns; Jorge Varela, directivo da FGP; e Salomé Barallobre, presidenta do CP Zendal.





















