Erea Ferreiro Carregal proclamouse campioa do Open feminino no Campionato de Asturias de Skateboarding Park 2026, celebrado en Xixón, tras acadar a primeira posición da clasificación xeral.
A deportista galega liderou a competición, por diante de Martina Cotillo e Telma Álvarez-Uria, que ocuparon a segunda e terceira posición, respectivamente.
Este resultado supón un novo éxito para o skateboarding galego e confirma o nivel competitivo dos seus deportistas, capaces de destacar tamén fora de Galicia.

