Esta fin de semana disputouse no Pavillón de Monte Alto a Fase de Sector Infantil Feminino de hóckey a patíns en busca das dúas prazas que daban acceso á Copa de España.
Coa participación do CP Mieres, Centro Asturiano e Telecable HC, por parte asturiana, e do DP Berenguela, HC Liceo e HC Raxoi por parte galega, a clasificación final foi a seguinte:
Campión: DP Berenguela Axiltec
2° clasificado: CP Mieres
3° clasificado: HC Liceo
4° clasificado: HC Raxoi
5° clasificado: Centro Asturiano
6° clasificado: Telecable HC
DP Berenguela Axiltec e CP Mieres foron os clasificados para a Copa de España.








