PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 24

DP Berenguela, Campión Galego Infantil Feminino de hóckey a patíns.

Esta fin de semana disputouse en Santiago a F4 Infantil Feminina de hóckey a patíns coa participación do DP Berenguela, HC Liceo, HC Raxoi e HC Cambre.

 

 

O DP Berenguela impúxose na final ao HC Liceo e proclamouse Campión Galego. Pola súa banda, o HC Raxoi fixo o propio e derrotou ao HC Cambre na loita polo 3º e 4º posto.

 

A clasificación final quedou así:

Campión: DP Berenguela 

 

Subcampión: HC Liceo 

 

3° clasificado: HC Raxoi 

 

4° clasificado: HC Cambre 

 

Os tres primeiros equipos clasificáronse para disputar a Fase de Sector Infantil Feminino, que terá lugar do 10 ao 12 de abril no Pavillón de Monte Alto, en A Coruña.

 

Á final asistiu un grupo da Asociación Special Olimpics de Galicia, ao que agradecemos a súa presencia.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL