A Copa de Europa de patinaxe artística, celebrada en Matosinhos do 7 ao 16 de novembro, contou coa participación de once patinadores e patinadoras galegos/as, que fixeron unha destacada actuación, acadando dúas medallas de ouro, catro de prata e dúas de bronce.
Os dous ouros foron para Marta Fraga na modalidade de Libre (categoría cadete) e para Alicia e Álvaro Castiñeiras en parellas de artístico (categoría xuvenil).
Pola súa banda, as medallas de prata foron para Eizan Calo (categoría alevín) e Martina Alonso (categoría infantil) na modalidade de Libre, así como para Gael Fernández (categoría alevín) e Enya Rodíguez(categoría sénior) na modalidade de Solo Danza.
As medallas de bronce foron para Raúl Sánchez na modalidade de Libre (categoría xuvenil) e para Ella e Eizan Calo en parellas de artístico (categoría alevín).
Antón Lis (na modalidade de Solo Danza) e Xiana Fernández (na modalidade de Libre) conseguiron o 4º e 5º posto respectivamente, ambos en categoria júnior.
A clasificación dos patinadores e patinadoras galegos/as na competición foi a seguinte:
Modalidade de Libre:
Categoría Alevín Masculina – 2º Eizan Calo, do CP Ribeira, coa puntuación total de 36.01
Categoría Infantil Feminina – 2ª Martina Alonso, do CPA Maxia, coa puntuación total de 62.14
Categoría Cadete Feminina – 1ª Marta Fraga, do CPA Maxia, coa puntuación total de 115.09
Categoría Xuvenil Masculina – 3º Raúl Sánchez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 111.69
Categoría Júnior Feminina – 5ª Xiana Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 124.59
Modalidade de Solo Danza:
Categoría Alevín Masculina – 2º Gael Fernández, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 32.00
Categoría Júnior Masculina – 4º Antón Lis, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 107.74
Categoría Sénior Feminina – 2ª Enya Rodríguez, do CP Lenda, coa puntuación total de 124.89
Modalidade de Parellas de Artístico:
Categoría Alevín – 3º Ella Calo e Eizan Calo, do CP Ribeira, coa puntuación total de 18.42
Categoría Xuvenil – 1º Alicia Castiñeiras e Álvaro Castiñeiras, do CP Ribeira, coa puntuación total de 67.95
Desde a FGP queremos dar os parabéns a todos e todas polo seu gran traballo e excelentes resultados.












