O Pavillón de Monte Alto, en A Coruña, acolleu este sábado la primeira sede da Liga Minihockey para os máis pequenos, organizada pola Federación Galega de Patinaxe.
Ao longo de toda a mañá, 13 equipos pertencentes a distintos clubs de Galicia disputaron varios partidos, con pista e porterías con dimensións reducidas, adaptadas á súa idade, que fixeron as delicias dos máis pequenos e do numeroso público alí presente.
A Coruña, Cambre, Ordes, Oleiros e Santiago acollerán as distintas sedes de esta competición.
A próxima cita será o 21, 22 de febreiro en Cambre, organizada polo HC Cambre.















