Braga (Portugal) acollerá do 20 ao 25 de xullo o Campionato de Europa de hockey a patíns masculino e femenino na categoría sub 17.
Entre os árbitros designados atópase Nicolás Morandeira, pertencente á Federación Galega, facendo o seu debut nunha competición internacional.
En categoría masculina participan España, Portugal, Francia, Italia, Inglaterra, Alemania, Suiza e Andorra.
Cabe destacar tamén a convocatoria de Pedro García, xogador do Dominicos, que foi convocado coa selección masculina para disputar este Campionato de Europa.
Pola súa banda, en categoría feminina participan España, Portugal, Francia, Italia, Alemania e Inglaterra.
Dende a FGP queremos darlle os parabéns polo seu debut.

