A Federación Galega de Patinaxe ten programado un curso de calculadores autonómicos nas distintas modalidades da patinaxe artística. O curso combina dúas sesións: unha teórica, a través de videoconferencia en directo, e outra presencial.
Os interesados deberán realizar unha preinscrición (obrigatoria) ata o 17 de febreiro de 2026 ás 20:00 horas. Tras pechar a preinscrición, poderase formalizar a inscrición oficial cuando a F.G.P. aporte instruccións adicionais.
O curso celebrarase os días 8 de marzo e 18 de abril de 2026.
Toda a información pode atoparse na seguinte ligazón: https://www.fgpatinaxe.gal/circulares/CIR008-26CursoCalculadorAutonomicoP.A.1.pdf
