PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
RollerDerby

Nov 16

Constituído o Comité Galego de Roller Derby

O xoves da pasada semana (10 de novembro) procedíase á constitución na sede da Federación Galega de Patinaxe do Comité Galego de Roller Derby, unha nova modalidade da patinaxe e que aos poucos se está implantando en España, aínda que xa desde hai uns meses son varios os clubes galegos que veñen practicando esta especialidade. Á devandita reunión acudían dous clubes da Coruña (Brigantias e Irmandiñas), o Roller Derby Pontevedra e os vigueses de Lobishomes (o único conxunto masculino pois o resto son femininos) e o Roller Derby Vigo.

A intención do novo comité, unha vez que os equipos de Ourense e Pontevedra estean preparados para competir, é poñer en marcha unha Liga Galega de Roller Derby, aínda que ata setembro de 2017 non será posible arrincar. Con todo, antes diso quérese dar un primeiro paso coa celebración dun Campionato Galego nunha única sede durante un fin de semana, no que participarían todos os equipos, o que serviría tamén como unha toma de contacto para todos e así ir asentando as bases da futura competición que está por chegar.

Dado o interese que está a suscitar a nova modalidade, o pasado sábado 12 de novembro acudían a Vigo dúas xogadoras do Roller Derby Barcelona, Tanit e Andrea, que durante seis horas estiveron a impartir unha clase ensinando técnicas de patinaxe e estratexias de xogo ás deportistas galegas, sendo a primeira vez que representantes de toda Galicia se reunían nun mesmo evento, o que servía para coñecerse un pouco mellor e traballar cun obxectivo común para impulsar o crecemento do Roller Derby na nosa comunidade autónoma.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL