PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 12

Compañía de María Azul e CH Oleiros A en categoría Infantil, e Compañía de María Azul e AC Ordes en categoría Júnior, clasificados para o Campionato España de hóckey a patíns.

A pasada fin de semana celebráronse as Fases de Sector de hóckey a patíns en categoría Infantil e Júnior en Galicia e Asturias, respectivamente.

 

O Sector Infantil celebrouse en A Coruña, onde o Compañía de María Azul proclamouse campión tras vencer na final ao CH Oleiros A. Ambos equipos quedaron clasificados para o Campionato de España, que terá lugar en A Coruña do 29 ao 31 de maio.

 

 

Clasificación final:

Campión: Compañía de María Azul

Subcampión: CH Oleiros A

3º posto: Dominicos A

4º posto: HC Liceo A

5º posto: CP Mieres Negro

6º posto: Oviedo Roller HC

7º posto: Oviedo Booling Club

8º posto: Centro Asturiano

 
 

Fotos cedidas por Javier Varela.

 
Pola súa banda, en Asturias disputouse a Fase de Sector Júnior, na que o Compañía de María Azul se proclamou campión vencendo na final ao AC Ordes. Deste xeito, os dous equipos quedaron clasificados para o Campionato de España, que se celebrará en Tarragona do 29 ao 31 de maio. 
 

Clasificación final:

Campión: Compañía de María Azul

Subcampión: AC Ordes

3º posto: HC Liceo

4º posto: CP Mieres Blanco

5º posto: CH Oleiros

6º posto: AD Patinalón

7º posto: Telecable HC

8º posto: Oviedo Roller HC

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL