PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Sep 16

Clasificación galega no Campionato Europeo de patinaxe artística.

O Campionato Europeo de patinaxe artística, celebrado en Trieste do 2 ao 13 de setembro, contou cunha excelente actuación dos patinadores e patinadoras galegos/as.

 

Joel Ribeiro e Lucas Yáñez proclamáronse campións de Europa nas modalidades de Solo Danza e Libre, respectivamente, mentres que Marta e Adrián Blanco conseguiron o Bronce en parellas.

 

A clasificación galega no Campionato foi a seguinte:

Libre:

Categoría xuvenil feminina:

6ª Olivia Rey, do CPA Maxia, coa puntuación total de 117.55

 

Categoría júnior masculina:

4º David Rama, do CPA Maxia, coa puntuación total de 176.09

 

Categoría sénior masculina:

1º Lucas Yáñez, do CPA Maxia, coa puntuación total de 239.39

 

Solo Danza:

Categoría cadete masculina:

6º Iago Vázquez, do CD Fervello, coa puntuación total de 99.68

 

Categoría júnior masculina:

1º Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, coa puntuación total de 154.44

 

Parellas de Artístico:

Categoría Júnior:

3º Adrián e Marta Blanco, do CPA Maxia, coa puntuación total de 121.05

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL