PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Xunta de Galicia

Ene 22

Circular Xunta con modificación con respecto o uso da máscara por parte dos técnicos

Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego20 de Xaneiro de 2021
– DECRETO 5/2021, do 19 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 202/2020, do 3 de
decembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio
da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de
autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do
25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de
infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
– ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de decembro de 2020
pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da
evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma
de Galicia.

 

 

I. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA OU DEPORTIVA NON FEDERADA
OU FEDERADA DE ÁMBITO AUTONÓMICO.

 

I.1. Toda a C.A.

1. Práctica ao aire libre.
Individual ou colectiva, sen contacto, ata un máximo de catro persoas
simultaneamente, sexan ou non conviventes, sen contar, no seu caso, o
monitor.

 

A práctica debe realizase:

 

 

 

o Con máscara e procurando manter a distancia de seguridade
interpersoal de 1,5 metros.
o Do uso da máscara poderá excepcionarse exclusivamente durante
a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a
posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida
garantirse o mantemento da distancia de 2 metros con outras
persoas non conviventes.
.

2. Práctica en instalacións e centros deportivos.
Individual ou colectiva, sen contacto, en grupos de ata un máximo de catro
persoas simultaneamente, sexan ou non conviventes, e sen contar, no seu
caso, o monitor, ata unha ocupación do 50% da capacidade máxima
permitida.

 

A práctica deberá realizarse:
o Con máscara, salvo que a práctica deportiva requira da utilización
de pistas específicas, exclusivamente durante a realización das
ditas actividades específicas, e sempre que a ocupación máxima
da pista se axuste ás regras do xogo ou actividade deportiva, e
tendo en conta os protocolos aprobados para a dita instalación.
o Mantendo a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

 

 

Medidas de prevención xerais:
Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita
aos seguintes criterios xerais de uso:
a) Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose
posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso
continuado e promoverase o seu emprego.

 
b) As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos
espazos habilitados para ese fin.

 

 
c) Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.
d) Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans
cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para
o efecto.

 

 
e) Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de
seguridade interpersoal así como o uso da máscara.

 

 
Vestiarios e zonas de duchas

 

 
En ningún caso se abrirán aos usuarios os vestiarios* e zonas de duchas,
podendo habilitarse, nos casos estritamente necesarios, espazos auxiliares.

 
A ocupación máxima dos devanditos espazos será dunha persoa, salvo
naqueles supostos de persoas que poidan precisar asistencia, nese caso
tamén se permitirá a utilización polo seu acompañante. Deberá procederse á
limpeza e desinfección dos referidos espazos inmediatamente despois de
cada uso, así como á finalización da xornada.

 

*Nas piscinas que se atopen abertas, os usuarios poderán facer uso dos vestiarios durante o tempo
necesario e imprescindible, sempre que se garanta a distancia interpersoal con respecto a outros
usuario, o aforo establecido e o uso obrigatorio de máscara. Deberá procederse á limpeza e desinfección
deles de xeito frecuente, así como á finalización da xornada.

 

 

3. Competición.
Adiada a competición de ámbito autonómico.
4. Excepcións ás restricións de mobilidade e de horario nocturno.
Sen excepcións.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL