PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2026
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Dic 04

Chevi Guzmán, mellor deportista da RFEP do 2025.

O vindeiro venres 30 de xaneiro celebrarase a XI Gala del Patinaje no Pavillón Goyeneche, sede do Comité Olímpico Español, na que se fará entrega dos galardóns de recoñecemento a deportistas, árbitros, xuíces, etc. ao longo do ano 2025.

 

Nesta ocasión, Chevi Guzmán (patinaxe de velocidade) será galardoado como mellor deportista do ano, xunto a Aina Florenza, xogadora de hóckey a patíns.

 

Guzmán recibe este premio tras quedar Campión do mundo nos 500m sprint e 100m lane, ademáis de obter unha prata e un bronce no Campionato do Mundo; conseguir cinco medallas de ouro nos World Skate Games; e bater dous récords mundiais nas probas de 100m e 200m.

The World Games

 

Desde a FGP queremos felicitar a Chevi Guzmán por este recoñecemento.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL