O Campionato de Europa de patinaxe de velocidade celebrarase do 19 ao 26 de xullo en Cardano al Campo, en Italia.
Entre os patinadores convocados coa selección española figuran Chevi Guzmán, do Celta Patín, e Manu Taibo e Raúl Couto, da SCD Rabadeira.
Dende a FGP queremos felicitalos pola convocatoria e desexarlles moita sorte no campionato.




