Esta fin de semana tiveron lugar en Vigo as Finais a 4 de hóckey a patíns en categorías Sub13 e Sénior Feminina.
En categoría Sub13, o CH Compostela proclamouse Campión tras derrotar na Final ao Deportivo Liceo por 7 – 5.
Na loita polo 3° e 4° posto, o HC Cambre impúxose ao Dolce&Café Escola Lubiáns por un axustado 9-7.
Clasificación final:
Campión: CH Compostela
Subcampión: Deportivo Liceo
3° clasificado: HC Cambre
4° clasificado: Escola Lubiáns
En categoría Sénior Feminina, o HC Cambre derrotaba na final ao DP Berenguela Axiltec e o Traviesas HC facía o propio ante o HC Raxoi.
Clasificación final:
Campión: HC Cambre
Subcampión: DP Berenguela Axiltec
3° clasificado: Traviesas HC
4° clasificado: HC Raxoi
Á entrega de medallas acudiron a Presidenta FGP, a Presidenta do Traviesas e a Coordinafora Deportiva do Traviesas.