O Campionato Galego de Pump Track – Xunta de Galicia celebrouse o pasado sábado, 10 de outubro, no complexo lúdico deportivo Monterrei en Pereiro de Aguiar, Ourense. A competición contou con 45 participantes, de categorías benxamín a sénior, dos clubs Roller Ourense, Meigas Rodas, Unity Blading e Freestyle Slalom Vigo.
César Fernández Blanco, do club Unity Blading, e Aroa Campos López, do Roller Ourense, conseguiron os mellores tempos absolutos masculino e feminino, respectivamente.
César Fernández Blanco, participante na categoría Sénior Masculina, estableceu a mellor marca absoluta masculina cun tempo de 24,129 segundos, conseguido na primeira manga. O representante do Unity Blading confirmou así a súa primeira posición na categoría.
Pola súa banda, Aroa Campos López, do Roller Ourense, destacou na categoría Infantil Feminina, conseguindo un rexistro de 27,938 segundos na segunda manga, que lle permitiu proclamarse vencedora da súa categoría e establecer o mellor tempo feminino de toda a competición.
A clasificación do Campionato foi a seguinte:
Categoría Benxamín Feminina:
Categoría Alevín Feminina:
Categoría Infantil Feminina:
Categoría Infantil Masculina:
Categoría Xuvenil Feminina:
Categoría Júnior Feminina:
Categoría Sénior Masculina:
Dende a Federación Galega de Patinaxe queremos dar os parabéns a todos os participantes polos resultados acadados, así como aos clubs polo seu traballo no desenvolvemento e promoción desta modalidade deportiva.






















