A Coruña acolleu o sábado 19 de setembro o Stage de inicio de tempada dos árbitros de hóckey a patíns pertencentes á Federación Galega.
Ao longo da xornada, os colexiados traballaron diferentes aspectos relacionados coa preparación física, a psicoloxía deportiva e a formación técnica.
A primeira parte do stage estivo a cargo de Óscar Parga, preparador físico e fisioterapeuta, que impartiu un taller centrado na preparación física dos árbitros. A continuación, realizáronse as correspondentes probas físicas.
Posteriormente, foi a quenda de Ángeles Amor, doutora en psocoloxía especializada en xestión de emocións e psicoloxía deportiva.
Finalmente, a xornada concluiu coa formación técnica sobre as Regras de xogo, impartida por Rubén Fernández, árbitro internacional da FGP.





