A Selección Galega de Skateboarding participou o pasado 10 de maio no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Leioa, Bilbao.
Os patinadores e patinadoras da Selección Galega acudiron á competición acompañados do equipo técnico: Iván Rodríguez, xefe de xuíces, Lucía Couñago, soporte feminino e Ivan Maroño, adestrador.