O Campionato de España Sub 20 Feminino de hóckey liña celebrouse a pasada fin de semana no Pavillón Daniel Cordido Castro, en Lugo, organizado polo club Lóstregos. O Skull Almassera proclamouse campión de España tras imponerse na final ao HC Rubí Cent Patins.
Pola súa banda, os dous clubs galegos que participaron na competición quedaron nas seguintes posición: o Lóstregos foi o 9º clasificado, mentres que o CHL Meigas conseguiu a 10ª posición.
Á entrega de premios aciduiu a alcaldesa de Lugo, Elena Candia.
Para máis información sobre todos os resultados pódese acceder á seguinte ligazón:
http://www.hockeylinea.fep.es/league/3545




