A Federación Galega de Patinaxe, a través do seu Comité de Inline Freestyle, levou a cabo con éxito a xornada de control correspondente ao proceso de preselección da categoría sub-15, celebrada o pasado 19 de marzo no Polideportivo A Carballeira “Secundino Basalo”, en Ourense.
Esta sesión de seguimento, enmarcada dentro do programa de tecnificación deportiva da FGP, tivo como obxectivo avaliar a evolución técnica e deportiva dos e das patinadores/as convocados/as, previamente seleccionados/as en base aos seus resultados en competición e á súa progresión en anteriores concentracións.
Durante a xornada, desenvolvida en horario de mañá, os deportistas participaron en distintas probas específicas da modalidade, como salto (jump) e speed slalom, ademais de exercicios técnicos complementarios. A atividade desenvolveuse con total normalidade, cumplindo cos tempos previstos e amosando un alto nivel de implicación e compromiso por parte dos participantes.
Dende o corpo técnico destácase o bo ambiente de traballo, a actitude positiva dos e das deportistas e o notable nivel demostrado, o que permitirá continuar afinando o grupo de preseleccionados de cara á conformación da futura Selección Galega, que representará a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2026.
A Federación Galega de Patinaxe valora moi positivamente o desenvolvemento desta xornada, que supón un paso importante na consolidación e crecemento do Inline Freestyle en Galicia, así como na detección e formación de novos talentos deportivos.






