As competicións autonómicas oficiais de Patinaxe Artística comezaron este fin de semana (3 e 4 de febreiro) cun intenso programa no pavillón Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño, onde levou a batuta organizativa o CPA Condado con 121 deportistas repartidos ao longo das dúas xornadas.
O sábado accedían á pista os 81 patinadores e patinadoras inscritos na 1.ª Fase de Categoría Rexional das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Absoluta, logrando as maiores puntuacións respectivamente en cada unha delas Adrián Branco (CP Ribeira) e María Lariño