O pasado venres, 12 de decembro, celebrouse a charla «Somos Una», impartida por Sergi Macià, seleccionador absoluto feminino de hóckey a patíns da RFEP, campión de Europa e do mundo.
O encontro tivo lugar no Salón de Actos da Federación Galega de Patinaxe e contou cunha excelente acollida.
Ao longo da xornada, Macià tamén estivo presente en distintos partidos de OK Plata feminina, amosando o seu apoio hacia este deporte.
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos expresar o noso máis sincero agradecemento polo seu tempo, pola súa dedicación e por compartir a súa experiencia con todas e todos as/os asistentes.







