O pasado domingo 14 de setembro celebrouse unha xornada de tecnificación da Preselección Galega Sub 15 de Inline Freestyle na Nave Roller Ourense, da que sairán os patinadores e patinadoras seleccionados para a tecnificación final do 8 de novembro.
A esta convocatoria asistiron 14 respresentantes de distintos clubs galegos, asi como as dúas seleccionadoras, co obxectivo de formar a Selección Galega que competirá no Campionato de España de Seleccións, que terá lugar en decembro.