Segue a frenética actividade competitiva deste mes de febreiro na modalidade de Patinaxe Artística coa celebración da I Fase Rexional, que organizada polo CPA Omega reunirá ao longo do sábado (11 de febreiro) a 99 patinadores e patinadoras divididos en sete categorías. A máis numerosa é a de Infantil Feminina con 32 seguida de Alevín, tamén Feminina, cun total de 25.
A competición queda reducida a unha soa xornada, debido a unha modificación nos horarios de última hora e que podedes consultar na ligazón que figura ao remate deste avance. Pola mañá será o turno das categorías Infantil e Benxamín mentras que pola tarde competirán os de Alevín, Cadete e Absoluta na pista do pavillón do Milladoiro, no coruñés Concello de Ames moi próximo a Santiago de Compostela. Ó término da mesma, procederase á entrega de trofeos de todas as categorías.