Esta fin de semana, 18 e 19 de abril, celébrase no Pavillón Carballo Calero, en Carballo, a Final Four do Campionato Galego Alevín de hóckey a patíns, organizada polo Escola Lubiáns.
Os equipos clasificados son: HC Liceo A, Dominicos A, Energimac Escola Lubiáns e Compañía de María Azul.
O sábado xóganse as semifinais cos seguintes cruces:
17:00 h: HC Liceo A – Compañía de María Azul
18:45 h: Dominicos A – Energimac Escola Lubiáns
O domingo, ás 10:00 h, xogarase o partido polo 3° e 4° posto e, ás 11:45 h, a final.
Todos os partidos serán retransmitidos por Partidos Hockey Gallegos: https://www.youtube.com/@partidoshockeygallegos

