Joel Ribeiro, do CPA Gondomar, gañou o bronce mundial na modalidade Solo Danza en categoría júnior masculina no Campionato do Mundo celebrado en Pequín, China.
O pasado domingo, tras o seu Solo Style Dance, acadou o terceiro posto provisional e, finalmente, fíxose coa medalla de bronce coa súa brillante actuación no Solo Freedance, conseguindo un total de 143.45 puntos.
Desde a FGP queremos darlle os parabéns polo seu gran traballo e o seu magnífico resultado.
Fotos: Raniero Corbelletti; World Skate.


