O xuíz internacional Brais Abad, pertencente á Federación Galega de Patinaxe, foi designado por World Skate para xulgar a vindeira edición do Campionato do Mundo de Patinaxe Artística, que terá lugar na cidade chinesa de Beijing.
A competición celebrarase do 17 ao 31 de outubro. Nela, os mellores patinadores e patinadoras das categorías Júnior e Sénior, competirán nas distintas modalidades (Libre, Solo Dance, Parellas de Danza, Parellas de Artístico, Inline, Cuartetos, Show e Precisión) para alzarse co título máis prestixioso da tempada.
A competición poderá seguirse en directo a través de World Skate TV.