PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 30

Avance XVIII Campionato Galego de Grupos Show Grandes e Pequenos

Unha das competicións máis sobranceiras e agardadas da modalidade de Patinaxe Artística celébrase este sábado 2 de febreiro no pavillón central das Travesas de Vigo (Pontevedra), que acolle a 18.ª edición do Campionato Galego de Grupos Show Grandes e Pequenos, polo que volta de novo á cidade olívica onde se disputou nos últimos anos coa excepción do pasado, no que se levou a cabo en Santiago de Compostela.

O Club C.A.R.P.A.-Viqueira organiza a competición que reunirá a medio milleiro de patinadores e patinadoras repartidos en nove grupos pequenos e oito grandes, que buscarán acadar o título galego na tarde do sábado a partir das 17:30, hora á que comenzarán a competir os grupos grandes. Logo dun pequeno descanso actuarán os grupos pequenos desde as 19:00 para concluir sobre as 20:30, cando se procederá á entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categorías. Ademais, o programa complementase cos adestramentos durante a mañá de 10:00 a 14:15 horas. A orde de saída xa pode ser consultada na páxina web de competicións de Patinaxe Artística da F. G. P.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL