A Selección Galega de Hóckey sobre Patíns desprázase este fin de semana a Viseu para disputar o primeiro dos catro torneos nos que cada tempada se mide aos combinados rexionais lusos de Aveiro, Porto e Minho, que devolverán a visita aos galegos no mes de maio do vindeiro ano.
A formación galega, dirixida por Manuel Togores xa que Juan Copa non poderá acudir, está composta por 10 xogadores según a relación que figura a continuación. A 15ª. edición do Torneio Internacional de Natal levarase a cabo no pavillón da Escola Secundaria de Viriato da localidade lusa, celebrando o sábado celébraranse dous encontros mentres que o domingo pola mañá será a derradeira xornada antes da cerimonia de clausura.
#eupatino
Convocatoria Selección Galega
1 Juan Francisco Dumont
2 Xián Crujeiras Mato
3 Ignacio Sáenz de Buruaga Doce
4 Miguel Fernández Dourado
5 Luis García Becerra
6 Álex Fuentes Gómez
7 Marcos Vaamonde Couto
8 David Tato Bermúdez
9 Carlos Rodríguez Gómez
10 Ramón Martín Amigo
Adestrador: Manuel Togores Sanmartín
Delegado: Jorge Varela Jaspe
Preparador físico: Pablo Suárez Díaz
CALENDARIO E HORARIOS
Sábado, 16 de decembro de 2017
Xornada 1
10:00 | Selección Aveiro – Selección Porto
11:30 | Selección Minho – Selección Galega
Xornada 2
18:00 | Selección Porto – Selección Minho
19:30 | Selección Galega – Selección Aveiro
Domingo, 17 de decembro de 2017
Xornada 3
10:00 | Selección Galega – Selección Porto
11:30 | Selección Aveiro – Selección Minho
12:45 | Cerimonia de clausura